Aberto o prazo de inscrición para o Máster Propio en Produción de Leite

A solicitude para a 8.ª edición do Máster Propio en Produción de Leite pódese presentar ata o 30 de xuño. Esta formación impártese no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo).

Para acceder ao máster é necesario contar cunha titulación universitaria, preferentemente relacionada co sector agrogandeiro, ou ben ser estudantes que lles falte cursar un máximo de 30 créditos ECTS para obter a titulación requirida; aínda que será necesario presentar o título antes de finalizar o curso.

Ofértanse un total de 12 prazas e conta con clases presenciais desde setembro de 2022 ata xuño de 2023, ademais de prácticas en empresas desde outubro a decembro. A formación impartirase entre o Campus de Lugo e o Ligal (Abegondo).

Máis información