Aberto o prazo de inscrición do Máster de Produción de Leite

Aberto o prazo de inscrición do Máster de Produción de Leite

O Campus Terra de Lugo aposta un ano máis polo Máster en Produción de Leite e o prazo de inscrición xa está aberto ata o 12 de xullo. Cun enfoque fundamentalmente práctico, proponse como unha resposta formativa á demanda de especialización das explotacións gandeiras.

Os contidos do curso están agrupados en seis módulos nos cales se tratan aspectos de sanidade animal, reprodución e xenética, calidade do leite, benestar animal e instalacións, produción de forraxes, alimentación e economía e xestión.

Como novidade, nesta quinta edición tamén se oferta a posibilidade de cursar dous módulos formativos de xeito independente (sen necesidade de cursar o resto de módulos do máster), como cursos de formación continua:

  • Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite (2 prazas).
  • Curso Básico de Economía da explotación de leite (2 prazas).

Máis información