Antonio Lenza, responsable de distribución noroeste de DeLaval, e Juan Carlos López, xefe de produto DelPro da compañía, serán os expertos invitados na sexta emisión de La Hora del Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizada por Hipra, a cal se celebrará o martes 23 de novembro a partir das 13:00 horas. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.
ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN
Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para os expertos ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.