Pistulario Haxl Pemana acada o prezo máis elevado na poxa de xovencas de Mazaricos

Esta mañá, a Semana Gandeira de Mazaricos viviu un dos seus momentos máis destacados coa celebración da XVI Poxa de Novillas de Raza Frisona Memorial José Moreira, organizada por Gandeiros de Mazaricos, Africor Coruña e o Concello de Mazaricos.

O recinto feiral da Picota acolleu 18 novillas coidadosamente seleccionadas entre as mellores ganderías da provincia da Coruña. Os animais, avaliados baixo estritos criterios de calidade, destacaron polas súas altas cualificacións morfolóxicas e o seu excelente estado sanitario, tras superar probas para descartar enfermidades como tuberculose, brucelose e neosporose.

A xornada, que comezou ás 11:00 horas, atraeu gandeiros e afeccionados de toda Galicia, que salientaron o nivel das reses participantes e a gran actividade nas poxas, que culminou coa venda de todos o poxados. NPistulario Haxl Pemana foi o exemplar máis valorado do día: acadou un prezo de 4.600 euros e foi adxudicado a Busto Corzon de Mazaricos. En total, o volume de vendas ascendeu a 52.300 euros, cun prezo medio de 3.076 euros.