Vaca Pinta sortea, en colaboración con DeLaval, 1 cepillo estacionario DeLaval SB entre os participantes nunha enquisa sobre produtos de muxido. Os interesados poden cumprimentar desde hoxe e ata o venres 31 de marzo ás 14:00 o formulario.
A principios de abril realizarase o sorteo e darase a coñecer o nome do premiado a través da nosa páxina web. A organización contactará directamente con esta persoa e, no caso de que nos 7 días posteriores á súa notificación non se reciba resposta pola súa banda, o premio será asignado automaticamente á persoa que saíse como suplente no sorteo.