A Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe) publicou o listado das mellores ganderías de España por cualificación morfolóxica de 2025, unha clasificación que recolle as 100 explotacións coa media de cualificación final máis alta en base ás vacas vivas a 31 de decembro de 2025, agás no caso de Cataluña, onde a data de referencia é o 28 de febreiro de 2026 debido ao atraso na rolda de cualificación pola incidencia da dermatosis nodular contaxiosa.
Na parte máis alta do ranking sitúase Mantoño Holstein, de Barreiros (Lugo), cunha cualificación media de 88,04 puntos, seguida de Badiola Holstein, de Gozón (Asturias), con 87,57 puntos, e en terceira posición Baixo Holstein, de Sarria (Lugo), con 87,09 puntos.
Esta clasificación obtívose a partir da media dos puntos das reprodutoras co mesmo prefixo gandeiro cualificadas tanto na explotación de orixe como na de destino, no caso de animais transferidos.
Para a elaboración do ranking consideráronse as ganderías con 17 reprodutoras ou máis, con polo menos o 85 % das vacas de 36 meses cualificadas, cunha porcentaxe inferior ao 5 % de RAA (Rexistro Auxiliar A) sobre o censo de reprodutoras e cun mínimo de 10 animais nados e cualificados na gandería. As cualificacións utilizadas corresponden ás mellores obtidas por cada animal.
Aquí vos deixamos o listado completo das mellores ganderías criadoras por cualificación final de 2025:
