Os seminarios web de Vaca TV volven a próxima semana cunha dobre xornada sobre saúde podal

A Asociación Profesional de Podólogos Bovinos (APPB), en colaboración con Vaca TV, organiza a semana que vén un seminario online sobre saúde podal.

O xoves 25 de febreiro, a partir das 13:00 horas, intervirá o podólogo de Digitrin Pere Malet, quen ofrecerá unha charla sobre o recorte preventivo en vacún leiteiro. Así mesmo, o venres 26, no mesmo horario, o técnico de Conafe Noureddine Charfeddine fará unha presentación centrada en como os datos de saúde podal poden ser unha ferramenta clave para o control das coxeiras.

Despois de ambas as intervencións haberá unha pequena rolda de preguntas e respostas nas que tamén poderá participar a audiencia formulando as súas cuestións a través de comentarios en Facebook.

Poderedes seguir o directo en aberto en vacapinta.com e dende a páxina de Facebook de Vaca Pinta