As coxeiras e o papel da muller nas ganderías de leite centrarán a XIII Xornada Provincial de Afrile

As coxeiras e o papel da muller nas ganderías de leite centrarán a XIII Xornada Provincial de Afrile

A Asociación Frisona Leonesa (Afrile) celebrará este venres, 27 de novembro, a 13.ª edición da súa Xornada Provincial, unha cita que pretende seguir sendo un punto de encontro para os profesionais do sector do vacún leiteiro no que debater sobre o seu presente e o seu futuro. O encontro terá lugar no Hotel Valjunco, de Valencia de Don Juan (León).

A xornada dará comezo ás 12:00 horas coa presentación a cargo do presidente de Afrile, Froilán García Iglesias. A continuación, Arturo Gómez Rivas, veterinario de Zinpro Animal Nutrition, impartirá o relatorio titulado "A calor e a coxeira", patrocinado por ADM.

Ás 13:00 horas desenvolverase unha mesa redonda baixo o título "A muller e a gandería de vacas de leite", patrocinada por Elanco e moderada por Sofía Alday, directora xerente de Conafe, na que participarán seis gandeiras da asociación: Elena Cuenca Antolínez (SAT Hnos. Cuenca 8817), Sonia Palenzuela Padierna (SAT Las Eras), María Mercedes Hidalgo Rodríguez (gandería do mesmo nome), Mónica García Iglesias (Granja García Iglesias, SC), Lucía Martínez Rodríguez (Resti) e Ana González Delgado (Agr. Gan. Blanco-Caño, SLU).

A cita finalizará a partir das 14:30 horas cun xantar de confraternización e a entrega dos diplomas ás mellores vacas e ganderías da provincia.