A tiraxe de Vaca Pinta, certificada por oitavo ano consecutivo

A revista técnica do vacún leiteiro Vaca Pinta certifica oficialmente a súa tiraxe correspondente a 2025. Por oitavo ano consecutivo, acreditamos os nosos datos de difusión. En 2025, o informe recolle unha media de 15.631 exemplares por número, distribuídos entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e outros profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal, tanto por correo postal como a través de cooperativas e asociacións colaboradoras.

A auditoría de audiencia é realizada por Información e Control de Publicacións S.A., entidade oficial responsable dos sistemas OJD (medios de pago) e PGD (medios gratuítos). Na actualidade, somos a única revista do sector agrogandeiro que certifica oficialmente a súa tiraxe.



VACA PINTA, EN NÚMEROS

Edición impresa da revista: 15.631 exemplares de media por número en 2025
Páxina web (vacapinta.com): 22.867 usuarios únicos ao mes con 69.496 visitas ao mes (2025)
Facebook (@revistavacapinta): 30.414 seguidores
Instagram
 (@revistavacapinta_): 13.951 seguidores
YouTube (Vaca TV - Transmedia): 5.380 subscritores
Linkedin
 (Revista Vaca Pinta): 6.650 seguidores
Reproducións de vídeo: 5.132.202 durante 2025
Newsletter: envío bimensual a máis de 3.000 persoas