A lucense Ana Seijas recibe a bolsa Fundación Caixa Rural Galega

Ana Seijas, graduada en química e bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo unha bolsa da Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas para ampliar a súa formación cun Master sobre nanobiología e fotónica que realizará na Universidade Saclay de París. A bolsa permitirá sufragar o custo da formación así como os gastos da estancia da beneficiaria.

A seleccionada destacou entre os solicitantes tanto polo seu currículo previo como as materias obxecto da formación a realizar, así como polo feito de que se levará a cabo nunha das universidades máis prestixiosas do mundo.