Invitación á videoconferencia “Caracterización xenómica das razas bovinas Morenas Galegas”

O vindeiro 21 de xaneiro, ás 18.00 horas, terá lugar a videoconferencia “Caracterización xenómica das razas bovinas Morenas Galegas”, impartida polo doutor Óscar Cortés Gardyn, profesor titular no Departamento de Ciencia Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Cortés vai desenvolver nesta conferencia o traballo feito e publicado o 23 de outubro de 2020 na revista ANIMALS, “Genomic Characterization of a Set of Iberian Peninsula Bovine Local Breeds at Risk of Extinction: Morenas Gallegas”.Trátase do primeiro estudo feito sobre xenómica e as razas Morenas Galegas.

Os interesados en asistir deberán enviar a solicitude de enlace Zoom co seu nome ao correo oficial da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG), racvg@racvg.com, antes do 21 de xaneiro, indicando no asunto ‘ALTA SESIÓN ACVG 21/01/2021’. Recibirán enlace o mesmo día da sesión entre as 17.30 e as 17.55 horas.

Óscar Cortés é doutor en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e colaborador en proxectos europeos centrados na avaliación de xenes candidatos nas características da carne de vacún e a conservación dos recursos zooxenéticos nas zonas rurais. Foi profesor e coordinador das asignaturas de Xenética e Melloramento Xenético de Razas Gandeiras na Facultade de Veterinaria da Universidade Alfonso X El Sabio e, na actualidade, é profesor titular na Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid. Toda a súa carreira investigadora está centrada na conservación e caracterización dos recursos zooxenéticos. Dende o ano 2007 é coordinador do programa de cría do Pura Sangre Español-PSE.

Así mesmo, Cortés é revisor de proxectos de investigación a nivel nacional e internacional, ademais de membro da rede CONBIAND, da Sociedade de Recursos Xenéticos Animales-SERGA e do grupo de investigación “Nutrigenómica Animal” da UCM e, pese á súa xuventude, xa foi director de catro teses e de máis de dez proxectos de fin de grao e máster.

Invitación del presidente de la ACVG, Antonio Crespo