SPACE 2020

Estes foron os galardoados cos premios Innov’Space 2020

Un cento de candidaturas se presentaron este ano aos premios Innov’Space. Delas, o xurado destacou esta mañá na cerimonia de entrega de premios a un total de 26 propostas, aquelas que consideraron as máis innovadoras.

Nesta ocasión, de entre todas elas, só unha candidatura recibiu as trois ètoiles do Innov’Space, o máximo galardón do certame: a DES Machine presentada por Orvia.

Na categoría de bovinos destacaron as propostas de Kuhn (Aura), Auria-Elevage (€uroval), Calfotel VDK Products (Open Top Premium Single & Duo), Condinov (AXIA1800), Elvup (Corn Grain Particle Size), Farmapro (Eko Germ D), Joz (Vario Sprocket), Nutrilac (Fixo Quatro) e SAC France (Balance Arm SAC).

SPACE 2020 SEGUE ADIANTE ONLINE

Space soubo reinventarse sobre a marcha para sortear a pandemia e continuará durante toda a semana ofrecendo un amplo abanico de actividades online de interese: a poxa de gando de elite organizada en colaboración con Evolution terá lugar mañá, hai programadas un centenar xornadas telemáticas até o venres, puxeron a disposición de todo o mundo unha serie de reportaxes en granxa para suplir as súas habituais visitas a explotacións da zona e continúan organizando citas cos distintos expositores da feira (nesta ocasión, a través de chat ou videoconferencia).

Estes e outros contidos están dispoñibles para todos os interesados tanto na súa páxina web como a través da aplicación móbil.