En colaboración co Concello, e no marco dunha nova edición da Feira Magreco, a Asociación Provincial de Criadores de Frisón da Coruña para o Control Oficial de Rendementos, Africor Coruña, organiza esta vindeira fin de semana a súa X Poxa de Gando Frisón.
O sábado 28 de marzo terá lugar a chegada dos exemplares e, pola tarde, estarán expostos ao público. A compra-venda levarase a cabo o domingo 29 de marzo dende as 12:00 h, na que poxarán 16 lotes provenientes de oito granxas coruñesas.
Tedes dispoñible o programa completo no catálogo publicado pola Asociación.