CLUN sobe o prezo do leite con data 1 de xullo

Os socios da cooperativa CLUN verán incrementados os seus ingresos pola recollida do leite en orixe. O aumento ten carácter retroactivo, aplicable a partir do 1 de xullo, e súmase a unha serie de medidas xa implantadas na cooperativa para compensar a subida de custos de produción que afectan os gandeiros e así contribuír coa sustentabilidade da produción láctea.

A cooperativa hai meses que axustou á baixa a tarifa dos pensos, que entre outros factores reduciu os custos de produción. "O noso posicionamento en defensa dos gandeiros e do sector galego é claro. O sector lácteo é estratéxico para o rural galego e para Galicia", sinala Juan Gallástegui, secretario xeral da cooperativa CLUN. Engade que "estamos a dar pasos para mellorar a actual situación dos nosos produtores e as súas familias", argumenta Gallástegui. 

Ademais, fan un "chamamento" á distribución para que se sume activamente á estratexia para asegurar a rendibilidade do sector lácteo coa subida do prezo do leite no lineal. "A subida do prezo final resulta clave para rebaixar as presións que soporta o produtor", argumenta.