Persoal do Ciam organiza unha xornada de vixilancia sanitaria no municipio lucense da Fonsagrada

Persoal do Ciam organiza unha xornada de vixilancia sanitaria no municipio lucense da Fonsagrada

Na tarde deste xoves, 25 de setembro, terá lugar no salón de actos do Concello da Fonsagrada (Lugo) unha xornada técnica acerca da vixilancia sanitaria nas Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) de Galicia. O encontro comezará ás 16:00 h.

Verónica Gómez, coordinadora da sesión, ofrecerá a primeira charla. Conversará sobre a resistencia aos antibióticos e o concepto One Health.

A continuación, Antonio Montenegro, subdirector xeral de Gandería da Xunta, falará do sistema Presvet e da súa contribución ao uso responsable de antibióticos veterinarios.

Antes das 17:00 h está previsto que se inicie a charla de Ignacio Arnaiz, do laboratorio de sanidade animal de Mabegondo. Tratará a dermatose nodular contaxiosa.

Máis tarde, realizarase unha actualización acerca das enfermidades transmitidas por mosquitos. Pablo Béjar, veterinario da ADSG Fonsega, tomará a palabra.

Despois dunha pausa para o café, Carmen Calvo e Luis Vázquez, do Ciam, divulgarán proxectos desta entidade relacionados co gando vacún.

Para finalizar a xornada, varios dos poñentes porán en común diversas cuestións nunha mesa redonda. A ela sumararase Jesús Díez.

A cita conta coa organización do Ciam-Agacal e a colaboración da Subdirección Xeral de Gandería da Xunta e da ADSG Fonsega.