NA GRANXA | KALEKÓI SL (LALÍN, PONTEVEDRA)

Ao iogur de sempre, sen artificios, así sabe Kalekói!

Como transformar a materia prima non o tiñan moi claro, pero o que si sabían Álex Moure e Susana Aguiar era o que e o onde: querían montar a súa propia empresa e tiña que ser no medio rural. Con estes propósitos se xestou Kalekói, un proxecto de elaboración artesá de iogures, ao que máis tarde se sumou o leite pasteurizado, posto en marcha a finais de 2015 por esta parella de emprendedores da comarca do Deza. Desde hai un ano están traballando con leite A2, procedente da explotación dos pais de Susana –Banda SC (Rodeiro, Pontevedra)–, da que tamén compartiremos unha videorreportaxe nos vindeiros días.

Deixámosvos unha videoentrevista con Álex Moure acerca de Kalekói sobre estas liñas, a cal tamén tedes dispoñible na nosa sección de TV
Así mesmo, poñemos á vosa disposición a reportaxe íntegra (PDF) publicada en Vaca Pinta 22