O índice de prezos dos produtos lácteos fíxase en 4.198 $/tonelada na décima poxa do ano en Fonterra. A cifra supón un lixeiro incremento, do 0,6 % con respecto á poxa anterior. Trátase da segunda subida consecutiva, despois dun mes de abril á baixa.
Neste escenario, destaca a subida da mozzarella (+2,9 %) e da manteiga (+2,5 %), que sitúan o seu prezo en 4.127 $/tonelada e en 5.674 $/tonelada, respectivamente.
Como balance positivo, tamén salienta o valor medio do leite enteiro en po, un 1,2 % superior, para rexistrar 3.772 $/tonelada, e o leite desnatado en po (+0,2 %), para fixar a súa cotización en 3.552 $/tonelada.
Pola súa banda, o cheddar baixou un 1,3 % e sitúase en 4.560 $/tonelada.