Os derivados do leite estabilizan o seu valor en Fonterra

Os derivados do leite estabilizan o seu valor en Fonterra

A segunda poxa de novembro de Fonterra pechou cunha consolidación do índice xeral de prezos con respecto á poxa anterior, despois de tres subidas consecutivas.

O prezo medio dos produtos lácteos comercializados acadou os 4.182 dólares por tonelada, fronte aos 4.166 dólares por tonelada rexistrados na sesión anterior, celebrada o 3 de novembro. Con este resultado, segue superando a barreira dos 4.000 dólares por tonelada por terceira poxa consecutiva.

Entre os produtos que rexistraron maiores incrementos destacou o leite enteiro en po, cunha subida do 2,7 %, ata situarse en 4.081 dólares por tonelada. Tamén evolucionou favorablemente o leite desnatado en po, que aumentou un 2,2 % e acadou os 4.187 dólares por tonelada.

Pola contra, a manteiga reduciu o seu prezo un 6,5 %, ata os 4.205 $/tonelada; o cheddar descendeu un 4,1 %, situándose en 3.815 $/tonelada, e a mozzarella baixou o seu valor un 1,6 %, ata quedar nos 4.036 $/tonelada.