A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou hoxe o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de agosto. No documento recóllense unhas entregas de 624.947 toneladas de leite, por debaixo das 638.229 toneladas rexistradas en xullo. Isto supón un descenso mensual de arredor do 2,1 %.
Malia esta baixada con respecto ao mes anterior, o volume mantense por riba do rexistrado hai un ano. O informe actual sitúa as entregas de agosto de 2025 en 605.207 toneladas, polo que a produción deste mes é un 3,3 % superior. No informe publicado hai un ano contabilizáranse 603.795 toneladas en agosto de 2025.
En canto ao prezo, o importe medio declarado en España foi en agosto de 0,469 €/litro, catro décimas de céntimo por riba dos 0,465 €/litro de xullo. Porén, a cifra é inferior á rexistrada en agosto de 2025, cando o prezo medio se situou en 0,519 €/litro.
Por comunidades autónomas, os prezos máis altos en agosto corresponderon a Canarias (0,640 €/litro), Comunidade Valenciana (0,506 €/litro) e País Vasco (0,496 €/litro). No extremo contrario situáronse Galicia (0,448 €/litro), Estremadura (0,458 €/litro) e Illas Baleares (0,463 €/litro).