O prezo medio dos lácteos sobe de novo en Fonterra na primeira poxa de agosto

O prezo medio dos lácteos sobe de novo en Fonterra na primeira poxa de agosto

O índice de prezos dos produtos lácteos situouse en 3.778 $/tonelada na primeira poxa de agosto de Fonterra. A cifra supón un lixeiro incremento do 0,1 % con respecto á poxa anterior e encadea a segunda subida consecutiva, despois de tres poxas á baixa.

O maior aumento correspondeu ao queixo cheddar, que incrementou o seu valor un 3,8 % e acadou os 3.723 $/tonelada. Tamén evolucionaron á alza o leite desnatado en po (+1,2 %), a mozzarella (+1 %) e o leite enteiro en po (+0,2 %), con prezos de 3.261, 3.992 e 3.483 $/tonelada, respectivamente.

Pola contra, a manteiga descendeu un 2,3 % e fixou o seu prezo medio en 5.225 $/tonelada.