O índice de prezos dos produtos lácteos na primeira poxa de outubro de Fonterra situouse en 3.928 $/tonelada, o que supón un incremento do 1,2 % con respecto á poxa anterior. Trátase dunha nova subida, tras o lixeiro descenso sufrido na segunda poxa de setembro.
Neste contexto, destaca o ritmo á alza do leite desnatado en po, cuxo valor aumentou un 4,3 % ata chegar aos 3.847 $/tonelada. Tamén subiu de prezo o leite enteiro en po, que fixou a súa cotización en 3.605 $/tonelada (+1,2 %).
Pola contra, descenderon os prezos da manteiga, un 0,3 %; do cheddar, un 3,7 %, e da mozzarella, un 3,9 %. Estes produtos rexistraron valores de 4.740 $/tonelada, 3.925 $/tonelada e 3.833 $/tonelada, respectivamente.