O índice de prezos dos produtos lácteos fíxase en 4.143 $/tonelada na oitava poxa do ano en Fonterra. A cifra supón un novo descenso, do 2,7 % con respecto á primeira poxa de abril.
Neste escenario, destaca a subida do leite desnatado en po, un 3,2 %, para quedar en 3.448 $/tonelada. Como balance positivo, tamén aparece o valor medio do cheddar, un 1,1 % superior, para rexistrar 4.798 $/tonelada.
Pola súa banda, o leite enteiro en po fixou o seu valor en 3.666 $/tonelada cunha baixada do 0,6 %. O seguinte descenso máis pronunciado márcao a mozzarella (-3,1 %, cun prezo de 3.850 $/tonelada), mentres que a manteiga caeu un 7,9 % e sitúase cun valor de 5.702 $/tonelada.