O índice de prezos dos produtos lácteos fíxase en 4.021 $/tonelada na undécima poxa do ano en Fonterra. A cifra global supón unha baixada do 0,6 % con respecto á poxa anterior.
Non obstante, algúns produtos si mantiveron subidas. Por segunda poxa seguida, a manteiga incrementa o seu valor (+1,2 %), o que sitúa o seu prezo en 5.734 $/tonelada.
Como balance positivo, tamén salienta o valor medio do cheddar, un 1,8 % superior, para rexistrar 4.621 $/tonelada.
Pola súa banda, a mozzarella sufriu un descenso do 4,6 % (3.942 $/tonelada), o leite desnatado en po baixou un 3,0 % (3.457 $/tonelada) e o leite enteiro en po un 2,2 % (3.706 $/tonelada).