Ysabel Jacobs, de Ferme Jacobs, unha das mellores granxas do mundo, xulgará o próximo Usías Holsteins

Ysabel Jacobs, de Ferme Jacobs, unha das mellores granxas do mundo, xulgará o próximo Usías Holsteins

O concurso frisón de Usías Holsteins, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro, será xulgado pola canadense Ysabel Jacobs, de Ferme Jacobs (Cap-Santé, Quebec), unha das mellores granxas do mundo en canto a calidade morfolóxica dos seus animais.

As cifras así o demostran. Ferme Jacobs conseguiu nos últimos dez anos alzarse co premio de mellor criador sete veces en World Dairy Expo, de Madison (EE. UU.), e outras sete en Royal Winter Fair, de Toronto (Canadá), dous dos concursos frisóns máis prestixiosos a nivel internacional. Ademais, nas edicións de 2018 lograron os premios de vaca gran campiona en ambos os certames con Jacobs Windbrook Aimo (Royal 2018) e Jacobs Lauthority Loana (WDE 2018).

EN DIRECTO

Un equipo de Vaca Pinta/Vaca TV estará en Dos Torres para retransmitir en directo todo o concurso.