O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración co CFEA Sergude, celebra o luns 28 de setembro unha xornada técnica co título "Mellora xenética, programas sanitarios ADSG de gando vacún e proxectos de investigación relacionados".
A cita desenvolverase no Salón de Actos do CFEA Sergude, en Boqueixón (A Coruña), de 09:15 a 14:00 h. Está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente ao sector primario galego, á industria agroalimentaria e ao sector silvícola de primeira transformación no campo, así como a aquelas con expectativa de incorporación.
Os obxectivos da sesión son informar as persoas implicadas no sector da produción gandeira de vacún sobre os traballos que se están realizando na liña de investigación C7 da Agacal, concienciar sobre o uso responsable de antibióticos e actualizar os seus coñecementos sobre as enfermidades emerxentes transmitidas maioritariamente por mosquitos.
O programa inclúe as seguintes intervencións:
09:15-09:30 h. Presentación da xornada, por Carmen Calvo Santalla (CIAM-Agacal).
09:30-10:00 h. Resistencia aos antibióticos e concepto One Health, por Verónica Gómez Gómez (CIAM-Agacal).
10:00-10:30 h. Manexo de PRESVET, por Antonio Montenegro Criado (Subdirección Xeral de Gandería).
10:30-11:00 h. Os programas sanitarios das ADSG, por Ignacio Arnaiz Seco (Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo. Subdirección Xeral de Gandería).
11:00-11:30 h. Descanso.
11:30-12:00 h. A BVD, por Carmen Calvo Santalla (CIAM-Agacal).
12:00-12:30 h. A enfermidade hemorráxica epizoótica e a lingua azul, por Carmen Calvo Santalla (CIAM-Agacal).
12:30-13:00 h. Proxectos de investigación relacionados coa mellora xenética na Rubia Galega, por Luis Vázquez Sande (CIAM-Agacal).
13:00-13:30 h. Cruzamento industrial en gando frisón, por Luis Vázquez Sande (CIAM-Agacal).
13:30-14:00 h. Mesa redonda e coloquio, por Santiago Martínez Calvo, Antonio Montenegro Criado, Ignacio Arnaiz Seco, Luis Vázquez Sande, Verónica Gómez Gómez e Carmen Calvo Santalla.