Vetoquinol comparte a súa experiencia en Tratamento Selectivo Dirixido da mastite en Portugal

Vetoquinol comparte a súa experiencia en Tratamento Selectivo Dirixido da mastite en Portugal

A compañía farmacéutica veterinaria Vetoquinol participou nas 24.ª Xornadas da Asociación de Buiatría de Portugal a principios de outubro. O evento desenvolveuse en Elvas, distrito de Portalegre, cunha destacada presenza científica e técnica, reforzando o seu compromiso cunha produción leiteira máis sostible e responsable. 

Durante as xornadas, Vetoquinol ofreceu un relatorio impartido por Francisco Malcata, Global Medical Manager, centrado na súa visión do Tratamento Selectivo Dirixido (TSD) da mamite a través de Mastatest e nos beneficios que achega á granxa, ao gandeiro e, especialmente, ao benestar da vaca.

A sesión tamén contou coa participación de José Carlos Linhares, veterinario da Cooperativa União Agrícola nos Azores, que expuxo datos da súa tese doutoral sobre o uso de Mastatest nun programa de secado selectivo en vacún de leite nos Azores. 

Segundo explicaron, os resultados demostran como a implantación dun programa de TSD con Mastatest permite acadar unha reducicón de ata o 60 % no uso de antibióticos de secado, mantendo ao mesmo tempo as taxas de curación, o que supón un avance clave para favorecer o uso responsable de antimicrobianos sen comprometer a saúde dos animais. 

Mastatest realiza un estudo da sensibilidade do patóxeno cun seguimento da epidemioloxía da granxa ou grupo de granxas ao longo do tempo, o que facilita a identificación de puntos de mellora, como, por exemplo, o antibiótico de secado máis axeitado en cada momento.