Xa en castelán Vaca Pinta 5!

Tras o seu lanzamento en galego, acabamos de publicar na hemeroteca da nosa web o quinto número en castelán de Vaca Pinta, a publicación técnica do vacún leiteiro.

Nesta edición, a revista inclúe dous especiais, un sobre ensilado do millo e outro sobre cultivos pratenses; unha serie de entrevistas feitas a varios expertos durante o Congreso Anembe e outra ao investigador do CIAM Julio López sobre as vantaxes dos trevos de catro follas; os resultados dos concursos morfolóxicos de Cantabria, Feiradeza, Murtosa, Llanera, Irún, Valle de Carriedo e Tineo, e unha ampla reportaxe sobre a gandería Carro, de Mesía (A Coruña), unha das granxas máis coñecidas no sector pola súa participación en certames morfolóxicos da raza frisona.