Xa dispoñible o programa do Lactis’18 organizado pola APEZ

Xa dispoñible o programa do Lactis’18 organizado pola APEZ

A Associação Portugesa de Engenharía Zootécnica (APEZ), en colaboración co parque de ciencia e tecnoloxía Regia-Douro Park e co departamento de Zootecnia da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), ofrecerá a finais do mes de novembro unha serie de xornadas centradas na produción de lácteos baixo o título “Lactis’18”.

Os seminarios, que terán lugar os dous últimos venres de novembro e o primeiro de decembro, abordarán as propiedades e características de distintos derivados lácteos como o queixo, a manteiga ou o iogur.

Descubre como inscribirte, aquí