Xa dispoñible o programa da V Reunión de Prima vera da SGPF

O 10 e 11 de maio a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebrará a quinta edición da súa Reunión de Primavera.

A primeira xornada desenvolverase na casa da Cultura de Mazaricos e dará comezo co acto de inauguración a cargo de Juan Blanco, alcalde da localidade, e Joan Alibés, presidente da SGPF.
A produción de leite en Galicia, as rotacións de cultivos forraxeiros, a xestión de xurros ou a situación do sector lácteo na zona do Xallas serán algún dos temas a tratar.

Durante o sábado 11 as actividades serán algo máis prácticas, con visitas ás explotacións Grille SCG e SAT Busto Corzón e ao centro de alimentación e de recría de Xallas.

Programa completo