Con motivo da Festa do Lacón con Grelos, que se celebrará os vindeiros 23 e 24 de febreiro no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes), terá lugar a I Poxa de Gando Frisón nesta localidade organizada por Africor Coruña, en colaboración co Concello. A compravenda dos exemplares participantes levarase a cabo o domingo 24 a partir das 11:30 h da mañá.