Volve unha nova edición de Feiradeza a próxima fin de semana

Volve unha nova edición de Feiradeza a próxima fin de semana

A carpa anexa ao pavillón Lalín Arena, de Lalín, acollerá a próxima fin de semana unha nova edición do Concurso Subasta da Raza Frisona Feiradeza, que será xulgado polo portugués Henrique Moniz.

Terá lugar dende o venres 5 de xullo, no que terá lugar a entrada de animais. O sábado 6 de xullo inaugurarase a feira ás 16:00 horas e, a continuación, dará comezo o concurso coas seccións de xatas e xovencas. Ás 18:15 horas celebrarase o XX Concurso de Novos Manexadores.

Ao día seguinte, competirán as vacas a partir das 10:30 horas. Trala elección da gran campiona, dará comezo, sobre as 13:15 horas, a XI Poxa de Gando Frisón. O concurso finalizará coa entrega de premios e un xantar.

Programa