Participa no certame de fotografía "Outra Vaca no Millo" 2020 de Vaca Pinta!

Un ano máis, co comezo de setembro, en Vaca Pinta anunciamos a convocatoria dunha nova edición do noso concurso fotográfico "Outra Vaca Non Millo", cuxo premio nesta ocasión constará do noso trofeo Vaca Pinta e dun pack de sementes para 2 hectáreas de millo que nos proporcionou Botica do Campo.

  • O concurso está aberto a todo o mundo e non hai límite de fotos por persoa.
  • Os participantes teñen de prazo para mandar as súas imaxes ata o 20 de outubro (ás 14:00 horas).
  • As fotografías pódense enviar a través da nosa páxina de Facebook (mediante mensaxe directa, como comentario ou etiquetándonos na publicación do seu perfil), por WhatsApp ou por correo electrónico, sempre indicando o nome do autor da mesma. 
  • Non se aceptarán fotos que xa participasen en edicións anteriores do concurso.
  • O noso equipo publicará todas as imaxes a medida que as vaia recibindo neste álbum de Facebook e os nosos seguidores poderán votar por elas desde hoxe mesmo e ata o luns 2 de novembro ás 14:00 horas.
  • Ese mesmo día faremos o reconto de votos e anunciaremos o nome do gañador.

SÓ CONTARÁN OS 'ME GUSTA' DA FOTO NO ÁLBUM

Como ocorreu na anterior edición, só servirán para o reconto os 'Gústame' que consiga a fotografía subida directamente ao álbum do concurso no noso Facebook, é dicir, que os participantes poderán compartir esta foto nos seus perfís para sumar 'Gústame', pero non contaremos as impresións que conseguisen por esa imaxe nunha publicación independente.