VII Concurso de Fotografía 'Outra Vaca No Millo'

VII Concurso de Fotografía 'Outra Vaca No Millo'

Un ano máis lanzamos o noso certame fotográfico, cuxo premio consiste no trofeo Vaca Pinta, nun lote de produtos de Vaca Shop e sementes de Syngenta para 2 ha de millo e 2 ha de cebada híbrida. O concurso está aberto a todo o mundo. Cada persoa poderá enviar un máximo de 6 fotos. O prazo de participación vai do 12 de setembro ao 20 de outubro ás 16:00 horas.

Novidade 2025: para axilizar o proceso de envío de imaxes, este ano só se poderán enviar vía WhatsApp, escribindo ao 675 97 41 94 ou clicando directamente nesta ligazón.

Non se aceptarán fotografías que xa participasen en edicións anteriores.

O noso equipo publicará as imaxes a medida que as vaia recibindo nun álbum de Facebook. Os seguidores poderán votar dende o momento da súa publicación e ata o xoves 30 de outubro ás 14:00 horas. Ese mesmo día faremos o reconto e anunciaremos o nome da persoa gañadora.

DÚBIDAS FRECUENTES

  • Só contarán os Gústame das fotos subidas directamente ao álbum do concurso no noso Facebook. As persoas participantes poderán compartir a súa foto nos seus perfís, pero os likes en publicacións externas non se sumarán.

  • Dende Vaca Pinta reservámonos o dereito a seleccionar que imaxes publicar no caso de que unha persoa envíe varias moi similares. Lembrade: podedes mandar ata 6 fotos para ter máis opcións, non malgastedes a oportunidade enviando a mesma imaxe dende diferentes ángulos.

  • Gañará a fotografía que máis likes reciba, non a persoa autora que acumule máis interaccións entre todas as súas fotos.

ACTUALIZACIÓN (30/10/2025): A imaxe máis votada, con 1082 likes, foi presentada por Finca San Mamede (Seavia, Coristanco) e é, polo tanto, a gañadora desta edición do certame. Parabéns!