Este xoves celebrouse o acto de entrega da décima edición dos Premios Exceleite á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca.
Os galardóns, promovidos pola Consellería do Medio Rural da Xunta, avalían parámetros rigorosos como o reconto de células somáticas no leite cru, un indicador clave da súa calidade hixiénico-sanitaria e da saúde do ubre.
O obxectivo destes recoñecementos é incentivar a excelencia mediante boas prácticas que beneficien non só os produtores, senón tamén o conxunto do sector e os consumidores. Na recepción aos gañadores estivo presente a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Os Premios Exceleite distinguen as ganderías en función do seu tamaño e do seu sistema de produción —intensivo, semiextensivo e extensivo—, ademais de contar cunha categoría específica para a produción ecolóxica. Estes son todos os premiados:
Categoría pequeno intensivo
Ouro: María de los Ángeles García Otero (Rodeiro, Pontevedra)
Prata: Antonio Torneiro Pestana (Castroverde, Lugo)
Categoría pequeno semiextensivo
Ouro: Casa de Rita S.C. (Vilalba, Lugo)
Prata: Ganadería Leumas S.C. (A Pastoriza, Lugo)
Categoría pequeno extensivo
Ouro: Ganadería Balseiro S.L. (O Valadouro, Lugo)
Prata: Méndez S.C. (Monforte de Lemos, Lugo)
Categoría mediano intensivo
Ouro: María Antonia Iglesia López (A Pastoriza, Lugo)
Prata: Casa Crespo S.C. (Lugo)
Categoría mediano semiextensivo
Ouro: Ganadería Couselo S.C. (Tordoia, A Coruña)
Prata: Pablo Soto Campello (Xermade, Lugo)
Categoría mediano extensivo
Ouro: Granxa Ecolóxica Figueroa S.C. (Arzúa, A Coruña)
Prata: Manuel Parada Pintor (Arzúa, A Coruña)
Categoría grande intensivo
Ouro: Gandeiría Muíño Grela S.C. (Ordes, A Coruña)
Prata: David Núñez Fraga (Trazo, A Coruña)
Categoría grande semiextensivo
Ouro: Ramón Vales Porto (Rodeiro, Pontevedra)
Prata: Gandeiría Gasu S.C. (Tordoia, A Coruña)
Categoría grande extensivo
Ouro: A Mella SAT 1068 Xuga (Arzúa, A Coruña)
Prata: Villar S.C. (Mazaricos, A Coruña)
Categoría ecolóxica
Ouro: Granxa Ecolóxica Figueroa S.C. (Arzúa, A Coruña)
Prata: Casa Codesal (Friol, Lugo)