Neste artigo, publicado en Vaca Pinta 62, María Dolores Báez Bernal e Carlos López López, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-Axencia Galega da Calidade Alimentaria (CIAM-Agacal), abordan a xestión sostible dos xurros porcinos en Galicia para reducir a contaminación por metais pesados e poñen o foco nun tratamento biolóxico estruturado en tres etapas —a base de cunchas de mexillón, miñocas e humidais artificiais— capaz de eliminar preto do 90 % do zinc e o cobre.
ESPECIAL: MEDIO AMBIENTE
Cunchas de mexillón, miñocas e humidais: unha solución galega para reducir os metais pesados nos xurros