Vaca TV transmite en directo a 45.ª edición do Concurso Rexional de Asturias

Vaca TV transmite en directo a 45.ª edición do Concurso Rexional de Asturias

O equipo de Vaca TV contará todos os detalles da 45.ª edición do Concurso Rexional de Asturias da Raza Frisona, que se celebra este sábado 14 de xuño, no recinto feiral Luis Adaro, en Gijón.

O certame, organizado por Ascol Genetics e Ascoalf, desenvólvese no marco da Feira de San Antonio. O estadounidense Mike Duckett será o encargado de xulgar os animais participantes.

Están inscritos máis de 180 exemplares procedentes de 44 gandeirías asturianas, dos concellos de Avilés, Carreño, Castrillón, Gijón, Gozón, Las Regueras, Llanera, Llanes, Ribadesella, Salas, Siero, Tineo, Valdés e Villaviciosa.

A emisión comezará na nosa web a partir das 10:00 h, momento no que sairán á pista as xatas máis novas. Ao longo da mañá, escolleranse tamén as mellores xovencas.

A retransmisión continuará pola tarde, desde as 16:30 h, co xuízo das seccións de vacas e grupos. Avaliarase a calidade xenética e morfolóxica dos exemplares e escollerase á mellor vaca asturiana da raza frisona de 2025.