Vaca TV retransmite mañá en directo os concursos de gando frisón da Moexmu 2026

Vaca TV retransmite mañá en directo os concursos de gando frisón da Moexmu 2026

Un equipo de Vaca TV desprazarase mañá sábado ao recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito, Lugo) para retransmitir en directo o XXXIV Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga e o XL Concurso de Gando Frisón da Moexmu. Ambos certames estarán xulgados polo asturiano Julián Rodríguez Pérez. A emisión poderá seguirse integramente a través da web de Vaca Pinta.

A programación arrancará ás 10:30 horas coa saída a pista das xatas e xovencas participantes. Xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, celebraranse as seccións de vacas, das que sairán as grandes campionas de ambos certames.