Un equipo de Vaca TV viaxará á illa de San Miguel (Azores) para retransmitir esta fin de semana en directo unha nova edición do XXII Concurso Micaelense de Azores, que se celebrará mañá e pasado no recinto feiral de Santana. O xuíz do certame será nesta ocasión o canadense Jon Kingdon.
O concurso iníciase o venres cos manexadores ás 18:00 horas, hora local (19:00 h en Portugal/continente | 20:00 h en España). Unha hora máis tarde, comezarán as seccións de xatas e xovencas. O sábado, a partir das 19:00 horas, hora local (20:00 h en Portugal/continente | 21:00 h en España), sairán á pista as vacas e coñecerase a gran campiona da cita.