Dende este martes 10 de febreiro ata o sábado 14, celébrase, en Feira de Zaragoza, a 44.ª edición de FIMA, Feira Internacional de Maquinaria Agrícola. Vaca Pinta conta nta cun stand propio no pavillón 6.
Este encontro de referencia para o sector abarca case uns 90.000 metros cadrados, nos que máis de 1.200 marcas expoñen o seus produtos e mostran os seus servizos procedentes de 35 países. A tecnoloxía, a sostibilidade e a remuda xeracional constitúen os eixos fundamentais do evento.
Fima 2026 reforza ademais a súa aposta pola innovación co espazo FIMA Tech (pavillón 9). Trátase dunha área específica concibida para a demostración de solucións tecnolóxicas avanzadas aplicadas ao sector agrícola.