O premio máis agardado do XXVII Concurso Autonómico Fefriga 2018, o de vaca gran campiona, recaeu en Rey 642 Yudi Doorman, da gandería Rey de Miñotelo. Trátase dunha femia de catro anos que anteriormente se proclamou vaca campiona intermedia e substiúe no podio a Blanco Asia ET, gran campiona en 2017.