Unha tese doutoral realizada no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estudou a nivel fisiolóxico e xenético a senescencia en millo tépedo, é dicir, aquel cultivado en rexións tépedas como a franxa maiceira dos Estados Unidos e Europa.
O autor, Marlon Brainer Caicedo Villafuerte, realizou a investigación durante os últimos catro anos na Misión Biolóxica de Galicia, concretamente no grupo de investigación “Xenética e Mellora de Millo”, baixo a dirección de Bernardo Ordás López, investigador contratado Ramón e Cajal, e Margarita Lema Vázquez, investigadora contratada no Departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago de Compostela
Algunhas conclusións da tese
Identificáronse 1.083 xenes que aumentan e 588 xenes que diminúen a súa expresión durante este proceso, que se produce na fase final do desenvolvemento dos vexetais e cuxo atraso se asocia á produción de biomasa, resistencia ao encamado e rendemento de gran.
Observouse que un xene, Zm0001d043586, está relacionado coas diferentes velocidades con que sucede a senescencia e que unha extensa rede de xenes interactúan conxuntamente reprimindo ou activando as diferentes funcións nas que están involucrados durante o proceso.