Unha resolución xudicial pioneira defende o contrato lácteo de catro granxas barcelonesas

Unha resolución xudicial pioneira defende o contrato lácteo de catro granxas barcelonesas

O Xulgado do Mercantil de Barcelona instou á empresa Corporación Alimentaria Peñasanta SA a continuar recollendo o leite de catro granxas de Osona (Barcelona) dende onte, día 1 de abril.

Tras anos de relación contractual con diferentes gandeiros da provincia, esta empresa láctea comunicoulles a catro deles que non lles recollería o leite se non aceptaban unha nova modalidade de contrato mensual.

Ante a negativa de aceptar esas condicións, Peñasanta notificoulles formalmente aos gandeiros o seu cese na recollida do leite a partir do 1 de abril, concedéndolles únicamente 12 días para encontrar outro comprador.

A decisión deixaba en estado crítico aos gandeiros e tendo en conta a singularidade desta situación, o despacho de abogados Redi interpuxo unha solicitude de medidas cautelares urxentes na que solicitaba que se obligara provisionalmente á empresa a continuar coa recollida.

A súa petición foi estimada polo Xulgado cunha resolución ditada in extremis, que xa foi notificada a semana pasada a Peñasanta e grazas a cal os gandeiros teñen asegurada a recollida do seu leite dende onte.

Trátase dunha resolución pioneira neste sector, xa que é unha das primeiras vitorias xudiciais de gandeiros contra unha das maiores empresas lácteas.