Unha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, o primeiro mércores de marzo

Unha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, o primeiro mércores de marzo

A Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o mércores 4 de marzo de 2026 unha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, organizada por Africor Lugo e Vaca Pinta, con asistencia libre e gratuíta.

Ao longo da mañá trataranse temas como a evolución do seguro de vacún en Galicia, o papel da vacinación no control da mamite e estratexias para avanzar fronte ao Cryptosporidium, unha das preocupacións sanitarias máis habituais na granxa. Tamén se dedicará un espazo para analizar o deseño de instalacións adaptadas ao robot de muxido e o programa inclúe, ademais, a presentación do libro La guerra por la proteína animal, a cargo dos seus autores.

Pola tarde, o foco trasladarase ao relevo xeracional, coa exposición do proxecto Campoastur Next e un panel final de experiencias en primeira persoa, no que mozos incorporados compartirán a súa visión, retos e aprendizaxes no proceso de incorporación.

Programa

10.15 h | Seguro de vacún en Galicia. Unha mellora constante — José Bernardo (Agroseguro)

10.45 h | Presentación do libro La guerra por la proteína animal — Manuel Pimentel e Juan Pascual

11.15 h | Pausa para o café

12.00 h | O papel da vacinación no control da mamite — Patricia de Celis (Gescal Veterinarios)

12.30 h | Do quebradizo de cabeza ao control: gañando a batalla ao Cryptosporidium — Laura Elvira (MSD Animal Health)

13.00 h | Deseño de instalacións para robot de muxido — Alberto Jurado (COVAP)

13:30 h | Presentación e entrega de premios aos mellores TFG sobre vacún

14.00 h | Comida

15.30 h | Campoastur Next: impulsar o relevo para transformar o futuro do campo — Rubén López (Campoastur) e Saúl González (SAT Xacalen y González)

16.15 h | Panel de experiencias sobre incorporación de mozos: Pablo Rodríguez (Ganadería Xuíz, Bóveda), Laura Camiño (Ganadería Castelo, A Pastoriza), Alberto Cascudo (Finca Carballeira, Castroverde), María Castro (Ganadería Portalousa, Xermade) e Mónica Requeijo (As Vacas dos Meus, Abadín).

Modera: Luís García (EFA Fonteboa)

 

 

Programa completo