O prazo de preinscrición para poder matricularse no Máster en Produción de Leite do Campus Terra de Lugo está aberto ata o vindeiro 12 de xuño. Cun enfoque fundamentalmente práctico, proponse como unha resposta formativa á demanda de especialización das explotacións gandeiras na nosa comunidade.
Os contidos do curso están agrupados en seis módulos nos cales se tratan aspectos de sanidade animal, reprodución e xenética, calidade do leite, benestar animal e instalacións, produción de forraxes, alimentación e economía e xestión.
Como o pasado ano, tamén se oferta a posibilidade de cursar dous módulos formativos de xeito independente (sen necesidade de cursar o resto de módulos do máster) como cursos de formación continua:
- Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite (3 prazas).
- Curso Básico de Economía da explotación de leite (3 prazas).
Cóntase cun total de 12 prazas e a novidade para os inscritos é que a orde de matrícula primará á hora de lograr ser un alumno seleccionado.