XOVES 3 DE DECEMBRO

Último webinar do ano da serie `Rumiando los jueves´ de MSD Animal Health

MSD Animal Health pecha a serie `Rumiando los jueves´ o vindeiro xoves 3 de decembro ás 12:00 horas. Farao cun webinar dirixido a profesionais do sector de vacún de leite titulado `Vantaxes da monitorización en vacún de leite´.

Abrirá a sesión Ángel Revilla, que dará a benvida aos asistentes e presentará MSD Animal Health Intelligence, a nova unidade operativa de MSD Animal Health que agrupa as últimas adquisicións de compañías de intelixencia en saúde animal, achegando solucións intelixentes dixitalmente conectadas que promoven a saúde e benestar dos animais.

Despois Juan José Núñez, Key Account Manager de Allflex Livestock Intelligence, no seu relatorio `Introdución á monitorización: sistemas de monitorización de Allflex Livestock Intelligence´, falará das solucións que ten esta compañía de MSD Animal Health Intelligence para facer un seguimento do estado reprodutivo e da saúde das vacas.

`Novas tecnoloxías aplicadas á recría de xovencas Holstein´ será o relatorio impartido por Francisco Sebastián, de Cowvet, Gestión y Servicios Veterinarios SL, na que nos falará da súa experiencia co uso dos sistemas de monitorización en xovencas de leite.

Por último, Carolina Tejero, técnica veterinaria de Vacún de Leite de MSD Animal Health, falará sobre a aplicación práctica destes sistemas de monitorización na detección de problemas de saúde a través de casos reais en granxas, en `Predición da saúde a través da monitorización: casos prácticos´.

Para poder acceder a este webinar, tanto en directo como en diferido, debes rexistrarte nesta ligazón. Así poderás tamén ter acceso ao resto de sesións en diferido