Hoxe comeza en Trofa unha nova edición da súa Feira Anual, organizada polo propio Concello en colaboración coa Xunta de Freguesia de Bougado. No marco desta gran feira do norte de Portugal, terá lugar mañá e o domingo o 18.º Concurso da Raza Holstein Frisia, que gravaremos integramente para a súa posterior emisión na nosa sección de televisión.