15 xaneiro, Santiago de Compostela

Todo a punto para un novo Encontro da Mocidade Gandeira

Todo a punto para un novo Encontro da Mocidade Gandeira

O martes 15 de xaneiro foi finalmente a data elixida polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia (CXG) para a celebración da cuarta edición do Encontro da Mocidade Gandeira, que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

O PROGRAMA

A recepción está prevista para as once da mañá, tras a cal abrirá a sesión o relatorio “Só hai unha oportunidade de facelo ben”, a cargo de Cristina Pilar Posada (técnica de ruminantes de MSD). Despois tomará a palabra o profesor da EFA Fonteboa Constante Lorenzo Santos para a súa exposición “Formación a carón da vida”. A continuación, desenvolverase unha mesa redonda na que poderán intervir libremente relatores e membros do público e que tratará temáticas como a fauna salvaxe e a incorporación dos mozos ao rural. A modo de peche, expoñeranse as conclusións da reunión.

A maiores destas intervencións, sortearanse varios produtos e entregaráselles un regalo moi novidoso e tecnolóxico a todos os asistentes, ademais dun chaleco do CXG.

Programa completo