Todo a punto para FIMA 2020

A Feira Internacional de Maquinaria Agrícola (FIMA), unha das principais citas agrogandeiras do ano, abrirá as súas portas en Zaragoza o vindeiro martes 25 de febreiro ata o sábado 29 de febreiro.

Como é habitual, Vaca Pinta estará presente en FIMA no pavillón 10, stand D16, onde poderedes recoller o voso exemplar do novo número da revista.

Se queres acudir a este evento, temos entradas dispoñibles. Podes vir recollelas ás nosas oficinas, en Lugo (Ronda das Fontiñas 272, Entlo. A), porte en contacto connosco a través do 982 22 12 78 ou solicitárnolas na mesma feira.