Todo a punto en Torrelavega para a Fin de Semana do Leite

Todo a punto en Torrelavega para a Fin de Semana do Leite

A localidade cántabra de Torrelavega celebra os días 6, 7 e 8 de xullo a Fin de Semana do Leite, organizada pola Asociación Frisona de Cantabria (AFCA).

Durante o evento, terá lugar o Concurso Rexional de Gando Vacún Frisón de Cantabria no que xulgará o galego Santiago García Souto. As seccións de xatas e xovencas sairán á pista do mercado nacional de gandos Jesús Collado Soto o sábado pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, mentres que as vacas e os grupos competirán o domingo a partir das 10:00 horas.

Ademais, o sábado pola tarde terá lugar a Xornada Prima, organizada por Nanta coa colaboración Zoetis. Contará cos relatorios de Manuel Rondón, de Nanta; Manuela Jiménez, de Zoetis, e José María Álvarez, de Nanta.