Todo a punto en Llanera para o seu concurso vacún

O recinto feiral de Llanera (Asturias) acollerá a 45.ª edición do Concurso-Exposición de Gando Vacún do 8 ao 11 de agosto.

O venres 9  terá lugar o xulgamento da raza Asturiana de los Valles de tipo normal e dos machos e as xatas e xovencas de tipo dobre grupa, ademais das xatas e xovencas da raza frisona.

O sábado pola mañá sairán a pista as vacas de Asturiana de los Valles de tipo dobre grupa e as seccións de vacas frisonas comezarán a partir das 14:30 horas. A tarde do sábado haberá un concurso de arrastre de bois e tamén se celebrará a 2.º Poxa de Gando Vacún, a partir das 20:00 h.

A entrega de premios e outro arrastre de bois reservaranse para a mañá do domingo.